Ante o interese de diversas cadeas de televisión, "Para mariñeiros nós" volve cunha nova tempada, esta vez cun equipo de rodaxe propio e máis amplo.
Xa se gravaron ata cinco capítulos na localidade de Corme que se poderán ver antes do final de abril.
Títulos como "A bendición", "Capadores" ou "O berro adorecido", farán escachar coa risa aos espectadores.
Entre as novas incorporacións destacan a presencia de Vicente de Souza, no papel deRaimundo, o taberneiro, así como a volta de personaxes como Ricardito, o sobriño de Cobiñas, interpretado polo actor Pedro Brandariz.
"Para mariñeiros nós", a serie que fala sobre as aventuras e case sempre desventuras de Pinto e Cobiñas, dous mariñeiros da Costa da Morte, crea tantas expectativas, que logrou reunir a máis de 1000 fans no facebook en tan só unha semana.
Na páxina do facebook hai máis fotos, a nova sintonía, así como un politono para o móbil. Para o que queira facerse fan, deixamos un enlace:
Pronto poderedes adquirir tamén as xenuinas camisetas da serie.
"Para mariñeiros nós" está acadando cada vez máis popularidade.
Algún dos capítulos sobrepasa as 13000 entradas en youtube. A pesar de que este proxecto naceu para emitirse por internet, o salto á televisión é inminente.